Galas de Fin de Curso da Escola Municipal de Maxia

 In Actuaciones, Obradoiros

GALA DE FIN DE CURSO DOS ALUMNOS DA I ESCOLA DE MAXIA MUNICIPAL

O xoves 19 no CSC do Castiñeiriño e o venres 20 no CSC de Fontiñas ás 19h

Escola de Maxia Mago Xacobe
A Escola de Maxia Municipal, iniciativa pioneira en Galicia promovida pola Concellería de Centros SocioCulturais de Santiago chega ó final do seu primeiro ano de vida cunha Gala onde os alumnos poderán exhibir ante os seus familiares, amigos e veciños que se queiran achegar as habilidades máxicas adquiridas durante este curso.
Se ben onte foron os alumnos do CSC do Castiñeiriño quenes amosaron as súas artes ós máis de 100 asistentes, hoxe tócalles debutar ás 19 horas no nun escenario ós cativos do Centro Sociocultural de Fontiñas, que poñerán en práctica os seus xogos de maxia favoritos e os seus coñecementos de exposición oral e interacción co público durante unha Gala apoiada polos que foron os seus mestres, os magos composteláns Richard, Pedro Bugarín e Xacobe. Unha data moi especial en Compostela, que asistirá ó nacemento dunha nova xeración de magos formados na e pola propia cidade.

 

Escola de Maxia é un curso regular de iniciación ó mundo do ilusionismo que se ven desenvolvendo semanalmente nos Centros Socioculturais do Castiñeiriño e das Fontiñas dende o pasado mes de xaneiro. Unha actividade formativa dirixida polo Mago Xacobe e impartida polos magos Richard e Pedro Bugarín, onde 30 rapaces de 6 a 14 anos veñen aprendendo e poñendo en práctica xogos de maxia con cartas, cordas, panos, moedas e numerosos obxectos cotiás cos que poder sorprender á xente do seu entorno.

Un curso didáctico no que os rapaces se convirten en pequenos grandes magos

 
Durante o curso, os alumnos aprenderon a preparar e poñer en práctica máis de 50 xogos de maxia, así como técnicas con cartas, moedas e outros elementos habituais no mundo do ilusionismo. Ademáis os mestres prestaron unha especial dedicación ó correcto desenvolvimento da posta en escena, á creatividade e á orixinalidade nas presentacións e exposicións dos xogos, nos que os cativos axudaron colaborativamente.

 

A maxia axudoulles a desenvolver aptitudes e capacidades artísticas e creativas, fomentando a psicomotricidade e a expresión oral e corporal, ademáis de formar un grupo de amizade cos seus compañeiros a través dunha actividade emocionante e sorprendente que tiveron e seguramente terán en común para os próximos anos.

 

Un curso do que de seguro os rapaces se convertirán en pequenos grandes magos, unha nova xeración para continuar a consolidación da maxia en Compostela.
Recent Posts
Comments
    Contacto

    Puedes enviarnos tu consulta y te responderemos a la mayor brevedad.

    Not readable? Change text. captcha txt
    Xira 20 Aniversario