Reportaxe da Escola de Maxia nos Informativos da TVG

 In Obradoiros, Prensa, Televisión

Os alumnos da Escola de Maxia amosan a súa evolución

Os Telexornais da Fin de Semana fixéronse eco da Escola Municipal de Maxia, iniciativa pioneira promovida pola Concellería de Centros Socio Culturais de Santiago, que está a ser dirixida polo Mago Xacobe e impartida polos magos Richard e Pedro Bugarín.

Escola de Maxia é un curso regular de iniciación ó mundo do ilusionismo de seis meses de duración. Unha actividade formativa para aprender e poñer en práctica xogos de maxia con cartas, cordas, panos, moedas e numerosos obxectos cotiás para sorprender a amigos e familiares. A maxia axuda a desenvolver aptitudes e capacidades artísticas e creativas, fomentando a psicomotricidade e a expresión oral e corporal.

Na Escola aprenden maxia semanalmente 30 alumnos de 6 a 14 anos nos centros socioculturais das Fontiñas e do Castiñeiriño durante unha hora. As clases comenzaron no mes de xaneiro e durarán ata finais de xuño, momento no que os aprendices de mago poderán exhibir os seus coñecementos nunha gran gala aberta a familiares, amigos e cidadáns que se queiran achegar.

Recent Posts
Comments
    Contacto

    Puedes enviarnos tu consulta y te responderemos a la mayor brevedad.

    Not readable? Change text. captcha txt