Obradoiros de Maxia para Nenos no programa "Vive o Nadal 2013"

 In Prensa
O edil Francisco Noya presentou o calendario de actividades acompañado por Francisco Rodríguez, do Centro Xuvenil Don Bosco; o Mago Xacobe; e a técnica Mª Carmen de la Cruz.

O edil Francisco Noya presentou o calendario de actividades acompañado por Francisco Rodríguez, do Centro Xuvenil Don Bosco; o Mago Xacobe; e a técnica Mª Carmen de la Cruz.

A Concellería de Centros SocioCulturais presentou esta mañá o programa “Vive o Nadal 2013” que se desenvolverá entre novembro e os primeiros días de xaneiro de 2014, e no que a maxia é a gran novidade.

Segundo sinalou o edil Francisco Noya, a maxia será protagonista da programación deste programa de Nadal a través de tres obradoiros de maxia infantil e tres espectáculos nos Centros SocioCulturais a cargo do Mago Xacobe, o Mago Richard e Pedro Bugarín.

Precisamente a maxia será tamén un dos eixes temáticos da programación dos Centros no primero semestre de 2014 coa gran novidade da posta en marcha dun curso de maxia estable para nenos. Os rapaces da cidade terán a oportunidade de iniciarse no mundo do ilusionismo a través dun programa elaborado polo Mago Xacobe.

Os obradoiros de maxia están orientados a rapaces de 6 a 14 anos, previa inscripción, e se levarán a cabo nos centros socioculturais de Vite (16 de novembro ás 11:30 h), Santa Marta (28 de novembro ás 18:00 h) e O Castiñeiriño (5 de decembro ás 18:00 h).

Recent Posts
Showing 2 comments

    Dejar un comentario

    Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

    Contacto

    Puedes enviarnos tu consulta y te responderemos a la mayor brevedad.

    Not readable? Change text. captcha txt