O Concello de Santiago e o Mago Xacobe presentan a primeira Escola de Maxia Municipal

 In Obradoiros, Prensa
A Concellería de Centros Socioculturais pon en marcha unha escola municipal de maxia coa dirección do Mago Xacobe e a colaboración do Mago Richard e Pedro Bugarín.

A Concellería de Centros Socioculturais pon en marcha unha escola municipal de maxia coa dirección do Mago Xacobe e a colaboración do Mago Richard e Pedro Bugarín.

O Concello de Santiago promove unha Escola Municipal de Maxia

 

Nace a primeira escola de maxia municipal de Galicia coa dirección do Mago Xacobe

A Concellería de Centros Socioculturais do Concello de Santiago promove unha Escola de Maxia Municipal coa dirección do Mago Xacobe e a colaboración do Mago Richard e Pedro Bugarín, a primeira desta índole en Galicia.

Os Obradoiros Escola de Maxia é un curso regular de iniciación ó mundo do ilusionismo de seis meses de duración. Unha actividade formativa para aprender e poñer en práctica numerosos xogos de maxia para sorprender a amigos e familiares. A maxia axuda a desenvolver aptitudes e capacidades artísticas e creativas, fomentando a psicomotricidade e a expresión oral e corporal.

Haberá dous obradoiros da Escola de Maxia para Nenos/as (6 a 14 anos), conducidos durante seis meses por magos profesionais. Son 30 as prazas dispoñibles para as sesións semanais de aprendizaxe e xogo, que terán como remate do percorrido formativo a produción de dúas galas de maxia a cargo dos nenos participantes no proxecto.

As galas desenvolveranse en xuño de 2014 nos centros socioculturais onde terán lugar estes obradoiros:

obradoiro 1, no CSC do Castiñeiriño, os xoves de 18:00 a 19:00 horas; obradoiro 2, no CSC das Fontiñas, os venres de 18:00 a 19:00 horas. As actividades comezarán na semana do 8 de xaneiro e o prezo por trimestre é de 24 euros.

A maxia é un excelente complemento para fomentar as capacidades de comunicación e desenvolver a habilidade de oratoria.

A técnica municipal Tate de la Cruz, Francisco Noya e Mago Xacobe.

A técnica municipal Tate de la Cruz, Francisco Noya e Mago Xacobe.

REQUISITOS

O Obradoiro-Escola está dirixido a nenos/as empadroados en Santiago con idades comprendidas entre os 6 e os 14 anos.

Duración:   do 8 de xaneiro ó 27 de xuño

Prazas limitadas:   15 por Csc

Prezo:   24 € / trimestre

Horario

GRUPO I   · Csc Castiñeiriño   Xoves de 18 a 19h   Rúa de Virxe de Fátima 1. Tlf: 981.542.459
GRUPO II · Csc das Fontiñas   Venres de 18 a 19h . Rúa de Berlín 13. Tlf: 981.528.750

Periodo de preinscrición 

Do 2 ó 14 de decembro nos centros sociocuturais onde se organiza a actividade.

 

PROPOSTA FORMATIVA

O curso estará impartido por magos profesionais con ampla experiencia no eido do ocio infantil e a docencia máxica: o Mago Xacobe, o Mago Richard e Pedro Bugarín.

Os nenos/as aprenderán a facer maxia con cartas, moedas, clips, imperdibles, mondadentes, cordas, papeis… así como tamén recibirán formación teórica e práctica de posta en escena e comunicación verbal, apoiados por fichas de material didáctico.

Ó final do curso, os nenos/as poderán exhibir as súas habilidades ó público nunha Gran Gala Final de Maxia para familiares e amigos no que se fará tamén a entrega de diplomas.

Un curso didáctico no que os rapaces se converterán en pequenos grandes magos.

Máis información:

Nota de Prensa Concello de Santiago.

SantiagoSociocultural.OrgSantiagoSocioCultural.org

Escola de Maxia do Mago Xacobe

Recent Posts
Showing 9 comments
Contacto

Puedes enviarnos tu consulta y te responderemos a la mayor brevedad.

Not readable? Change text. captcha txt

Start typing and press Enter to search